Salta al contingut
Oferta exclusiva

CITMAga-OT-10/2026: 1 contrato como investigador/a colaborador/a (A Coruña)

Contracte de durada determinada 4 mesos

A Coruña, Coruña, A (Spain)

CITMAga

Associació / Institució pública / Laboratori

Publicat el 29 de juliol del 2026

  • Contracte

    Contracte de durada determinada 4 mesos

  • Localització

    A Coruña, Coruña, A (Spain)

  • Data d'inici

    Setembre del 2026

  • Salari

    Informació no proporcionada

  • Teletreball

    Sense teletreball

DENOMINACIÓN: “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA MELLORAR E OPTIMIZAR AS DECISIÓNS ASOCIADAS A UN PROBLEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICA”.

 REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-10-2026.

 DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a. 

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA MELLORAR E OPTIMIZAR AS DECISIÓNS ASOCIADAS A UN PROBLEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICA”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: realización de traballos de investigación en optimización orientados a: 

- Revisión e estudo da estado da arte das técnicas de resolución e algoritmia para problemas non lineais con restricións de pooling.

- Formalización do problema matemático no contexto concreto, definindo a estrutura topolóxica a través dun grafo.

- Formulación teórica das diferentes formulacións matemáticas e metodoloxías de resolución identificadas como máis prometedoras durante a revisión da #estar da arte.

- Análise e tratamento dos datos de entrada para a formulación de problema.

O traballo incluirá o seguimento e a implementación dos algoritmos e das distintas formulacións expostas, validación e comparativa das metodoloxías e algoritmos implementados para identificar que aproximación matemática compórtase mellor e resolve o problema da forma máis efectiva.

 

RESPONSABLES: Prof. Ángel Manuel González Rueda.

 

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

o  Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do máster (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coas Matemáticas, en particular en ámbitos relacionados coa optimización. (12 puntos).

o  Coñecemento e experiencia previa na modelización de problemas de optimización (14 puntos).

o  Coñecemento e experiencia na implementación de metodoloxías para a resolución de problemas de optimización (14 puntos).

 

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

 o Experiencia práctica na resolución de problemas de optimización no ámbito enerxético e, de xeito específico, no sector petroquímico. (10 puntos).

o Experiencia en modelización e resolución de problemas de optimización baixo incerteza. (5 puntos).

o Formación e experiencia práctica na modelización de procesos físicoquímicos. (5 puntos)

o Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico. (5 puntos)

o Experiencia coa plataforma Microsoft Azure e tecnoloxías de xeración de informes como MS Power BI. (5 puntos)

Entrevista persoal (30 puntos).

 As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 40 puntos.

 

 Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ao posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

 

 REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

o  Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

o  Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.

o  Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

o  Ter cumpridos os 16 anos.

o  Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.

o  Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.

o  Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

oNon estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

  

CONDICIÓNS:

Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.

Data inicio prevista: a partir del día seguinte a la fecha de resolución de la selección.

Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.

Categoría Laboral: Persoal investigador colaborador.

Duración: 4 meses, ata o 31 de decembro de 2026.

Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

 

COMISIÓN DE AVALIACIÓN: As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidirá) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Ángel Manuel González Rueda.
  • Secretaria: Julio González Díaz.
  • Vogal: Mercedes Conde Amboage.

 

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Edificio de Servizos Centrais de Investigación - UDC. Campus de Elviña, A Coruña.

 

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: <correu electrònic eliminat per motius de seguretat> indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-10/2026. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas.

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 24 de agosto de 2026.

Resolución da convocatoria: semana do 31 de agosto de 2026, para empezar a 1 de setembro de 2026.

 

 

Máis información: CITMAga-OT-10/2026 - CITMAga

Data límit de candidatura

21 d’agost del 2026

Nivell d'estudis

Nivell de grau o equivalent; Nivell màster o equivalent

Funció

Enginyeria / Disseny Industrial