Desde a Fundación Venancio Salcines colaboramos cunha empresa galega que deseñou a incorporación de novos TALENTOS!!:
Empresa galega con actividade industrial: máis de 50 anos de historia, máis de 3.500 empregados, exportación a máis de 80 países e 5 sedes en Europa.
En que consiste o programa?
Trátase dun programa de talento de 9 meses (de setembro de 2026 a xuño de 2027) deseñado para que medres nun contorno internacional e con retos reais.
O programa revísase cada trimestre para valorar os teus avances ata que, finalmente, se consolide nunha contratación (e algúns perfís mesmo viaxarán a centros internacionais!).
Que perfís buscamos?
Os departamentos nos que te incorporarás requiren persoas tituladas en:
Enxeñaría Industrial e Tecnolóxica: Mecánica, Eléctrica, Electrónica Industrial e Automática, Química Industrial, Tecnoloxías Industriais, Organización Industrial, Deseño Industrial, Materiais.
Tecnoloxía: Telecomunicacións, Tecnoloxías da Información, Enxeñaría Informática, Empresa e Tecnoloxía. Construción e Arquitectura: Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Obras Públicas, Arquitectura, Enxeñaría da Edificación. Negocios: Administración e Dirección de Empresas (ADE), Economía, Finanzas e Contabilidade.
Idiomas e Comercio: Tradución e Interpretación, Turismo, Filoloxía, Comercio Internacional.
Queres saber máis? Para obter máis información, podes dirixirte directamente a:
Patricia Muíño
676 334 369
< email slettet af sikkerhedsmæssige årsager >
