Asociación dedicada ao apoio e á prestación de servizos ás comunidades de usuarios de auga busca incorporar unha persoa para a súa área de Administración.
O posto estará orientado á xestión e seguimento de expedientes, á tramitación administrativa ante organismos públicos, á elaboración e organización de documentación, á atención a comunidades e persoas usuarias, á coordinación de actuacións e ao apoio na organización interna da entidade.
Trátase dun posto dinámico que combina tarefas administrativas, xestión documental, contacto coas persoas usuarias e seguimento de procedementos relacionados co abastecemento de auga e a xestión das comunidades.
Valorarase formación en Administración e Dirección de Empresas (ADE), Xestión e Administración Pública ou titulacións similares, así como experiencia en administración, xestoría, atención ao público ou tramitación de expedientes.