A empresa Zelnova Zeltia busca realizar unha beca Conecta Talento para titulados/as no Grao en Química da Universidade de Vigo
FUNCIÓNS:
A persoa seleccionada colaborará e prestará apoio ao laboratorio de Control de Calidade, participando en actividades como:
• Realización de análise física-químicos, incluíndo medicións básicas (calibre, balanza, pH-metro, densímetro, refractómetro, etc.) e análises máis complexas (valoracións acedo-base, redox, entre outras).
• Manexo de equipos de análise instrumental, como fotómetro, espectrofotómetro e cromatógrafo de gases.
• Toma de mostras e control de calidade de materiais de envasado e materias primas, incluíndo produtos inflamables, corrosivos, tóxicos e biocidas.
Duración: 9 meses
Xornada completa
Remuneración:950€ brutos mes
