Ir para o conteúdo
Oferta exclusiva

CITMAga-OT-11/2026: 1 contrato como investigador/a colaborador/a (Proxecto de colaboración con Repsol)

Contrato a termo certo 4 meses

A Coruña, Coruña, A (Spain)

CITMAga

Associação/Instituição pública/Laboratório

Publicado em 29 de julho de 2026

  • Contrato

    Contrato a termo certo 4 meses

  • Localização

    A Coruña, Coruña, A (Spain)

  • Data de início

    Setembro de 2026

  • Salário

    Informação não fornecida

  • Teletrabalho

    Sem teletrabalho

DENOMINACIÓN: “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA A CONTINUIDADE OPERATIVA E MELLORA DAS FERRAMENTAS MECO, BIOS E BIOS-FUEL, ASÍ COMO A IMPLEMENTACIÓN DAS EVOLUCIÓNS NECESARIAS NESTAS FERRAMENTAS”.

 

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-11-2026.

  

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a nun proxecto de colaboración coa empresa Repsol.

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA DE OPTIMIZACIÓN PARA A CONTINUIDADE OPERATIVA E MELLORA DAS FERRAMENTAS MECO, BIOS E BIOS-FUEL, ASÍ COMO A IMPLEMENTACIÓN DAS EVOLUCIÓNS NECESARIAS NESTAS FERRAMENTAS”. 

FUNCIÓNS A REALIZAR: Continuar co desenvolvemento e evolución da ferramenta de optimización actual. O traballo incluirá o mantemento, deseño e implementación das formulacións e metodoloxías de resolución para os problemas de optimización subxacentes, así como a validación exhaustiva en escenarios reais.

 

RESPONSABLE: Prof. Julio González Díaz e Prof. Brais González Rodríguez.

 

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

 

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

o  Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do máster (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coas Matemáticas, en particular en ámbitos relacionados coa optimización. (12 puntos).

o  Coñecemento e experiencia previa na modelización de problemas de optimización (14 puntos).

o  Coñecemento e experiencia na implementación de metodoloxías para a resolución de problemas de optimización (14 puntos).

 

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas). 

o  Experiencia práctica na resolución de problemas de optimización no ámbito enerxético e, de xeito específico, no sector petroquímico. (10 puntos)

o Experiencia en modelización e resolución de problemas de optimización baixo incerteza. (5 puntos)

o Formación e experiencia práctica na modelización de procesos físicoquímicos. (5 puntos)

o Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico. (5 puntos)

o Experiencia coa plataforma Microsoft Azure e tecnoloxías de xeración de informes como MS Power BI. (5 puntos)

Entrevista persoal (30 puntos).

 As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 40 puntos.

  

Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ao posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

 

 REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

o  Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

o  Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.

o  Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

o  Ter cumpridos os 16 anos.

o  Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.

o  Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.

o  Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

oNon estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

  

CONDICIÓNS:

Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.

Data inicio prevista: a partir del día seguinte a la fecha de resolución de la selección.

Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.

Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.

Duración: 4 meses, ata o 31 de decembro de 2026.

Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

 

COMISIÓN DE AVALIACIÓN: As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidirá) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Julio González Díaz.
  • Secretaria: Brais González Rodríguez.
  • Vogal: Mercedes Conde Amboage.

 

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

 

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: < email eliminado por razões de segurança > indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-11/2026. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 21 de agosto de 2026 ás 23:59 horas.

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 24 de agosto de 2026.

Resolución da convocatoria: semana do 31 de agosto de 2026, para empezar a 1 de setembro de 2026.

 

 

Máis información: CITMAga-OT-11/2026 - CITMAga

Data limite de candidatura

21 de agosto de 2026

Nível de estudos

Nível de licenciatura ou equivalente; Nível de mestrado, MSc ou Programa Grande Escola

Função

Engenharia Industrial e Design